Carreira profesional: grao inicial
Publicado hoxe en DOG
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024
Solicitar o recoñecemento de graos iniciais con carácter retroactivo
Establécese un novo e derradeiro procedemento e prazo adicional e excepcional, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril de 2024, para que os/as profesionais que reúnan os requisitos que establece o punto 5 do acordo polo que se establecen as bases da carreira profesional (Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 30 de xullo de 2018) e estean en servizo activo ou teñan reserva de praza calquera día dentro dese prazo, poidan solicitar o recoñecemento de graos iniciais con carácter retroactivo.
Desde o 7 de marzo ata o 30 de abril de 2024
As solicitudes que se presenten no prazo que establece esta resolución –desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de abril de 2024– terán efectos retroactivos a 7 de agosto de 2018, sempre que nesa data xa se cumprira o requisito básico para acceder ao grao inicial dunha categoría/especialidade (prestar servizos nela como persoal temporal ou fixo, ou en promoción interna). Noutro caso, os efectos serán desde o primeiro día, posterior a esa data, no que se cumpra o dito requisito.
Nova solicitude para nova data máis favorable de efectos do grao inicial
As persoas cun grao inicial recoñecido na data de publicarse esta resolución, e que pretendan acollerse á mellora de efectos prevista na liña anterior, deberán presentar ata o 30 de abril de 2024 unha nova solicitude para os efectos de que se dite unha resolución, en substitución da que xa posúen, coa nova data máis favorable de efectos do grao inicial.