Carreira profesional: solicitude grao inicial

Prazo adicional e excepcional

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se establece un prazo adicional e excepcional para presentar determinadas solicitudes do grao inicial da carreira profesional.

Solicitudes de grao inicial noutra categoría/especialidade:

O/a profesional que tivese habilitada a solicitude de grao inicial entre o 5 de decembro de 2022 e o 31 de xaneiro de 2023 en determinada categoría/especialidade (por prestar servizos nela), e pretenda o recoñecemento do grao inicial nesa ou noutra categoría/especialidade distinta na cal traballase algún día desde o 7 de agosto de 2018, poderá solicitalo do 29 de marzo ao 30 de abril de 2023.

Persoal laboral residente en formación do Servizo Galego de Saúde:

No mesmo prazo establecido no punto primeiro, o persoal do Servizo Galego de Saúde con vínculo de laboral residente en formación (MIR, EIR...) entre o 5 de decembro de 2022 e o 31 de xaneiro de 2023 poderá solicitar o grao inicial en calquera categoría/especialidade na cal, de ser o caso, prestase servizos algún día desde o 7 de agosto de 2018, no Servizo Galego de Saúde ou entidades adscritas.

 

Volver