CIG-Saúde denuncia as incongruencias do Plan de desescalada da actividade ambulatoria da Área Sanitaria de Ferrol na pandemia por COVID 19
Vimos de entregar alegacións ao documento do Plan de desecalada.
- Ferrol
Alegacións que temos que facer despois de que publiquen o documento xa que non consideran importante darnos un prazo antes da súa publicación.
En dito documento no Anexo 3: Dispositivos de protección individual dos profesionais, no cadro de uso de EPIs segundo procedementos a realizar se recolle que para a realización de espirometrías se utilizara unha mascara cirúrxica. Entendemos que neste procedemento se poden xerar aerosois, polo que consideramos que se debe utilizar unha máscara FFP2.
Asimesmo, non entendemos porque en Atención Primaria non se activa ata a Fase 3: do 8 ao 21 de xuño de 2020 a recuperación agregada de citas para espirometrías, e na Atención Hospitalaria fanse dende o 1 de xuño.
E en que se basean? en que se poden facer as espirometrias dende as costas do paciente. Pois decidenos as que estades no día a día facéndoas cantas se poderían facer asi. Ou mellor ainda que nos expliquen onde pretende que se metan as traballadoras da foto que adxuntamos para estar detrás do paciente.
Vos instamos a que fagades a vosa denuncia individual no caso de que teñades que facer unha espirometría cunha máscara cirúrxica para ter cobertura no futuro no caso de ter algún problema.