CIG informa da Mesa Sectorial de Sanidade
Información de diversos temas tratados na reunión
- AgMédica
- Mesa Sectorial
- Permisos e licenzas
- Sanidade Pública
Creación da categoría de médico/a de hospitalización a domicilio.
Desde CIG-SAÚDE apoiamos a creación desta categoría, xa que foi unha das nosas demandas e recolleron parte da alegacións que nos presentamos:
- Para acceder a esta categoría vai ser requisito estar en posesión do título de médico/a de familia, de medicina interna ou de xeriatría.
- O réxime de xornada deste persoal comprende a realización de xornada complementaria, realización de gardas.
- O persoal fixo que se integre nesta categoría poderá solicitar excedencia por incompatibilidade no sector público, na categoría de orixe.
- A incorporación nesta categoría é aberta, o persoal fixo en unidades de HADO que cumpra os requisitos poderá acceder a ela a través do concurso de traslados.
- Convocaranse as prazas a traslado e OPE.
Desde CIG-Saúde solicitamos que a cobertura dos seguros dos vehículos de HADO fose completa en todos os centros.
Creación da categoría de Técnicos de Superiores en Dietética.
Quedou aprobada a creación desta categoría.
Desde CIG-Saúde insistimos na reversión á sanidade pública, dos servizos privatizados.
CIG-Saúde insistimos en que a incorporación deste colectivo non pode ser a cargo de prazas xa cubertas con persoal doutras categorías.
Posto de Coordinadores/as de Técnicos/as Superiores.
A Administración presentou unha primeira proposta para os postos de coordinadores/as de técnicos/as superiores, para enviar alegacións.
CIG-Saúde solicitou que se convocasen canto antes os postos que actualmente están exercendo como coordinadores de técnicos/as nos centros.
Vacacións do ano 2020
A Administración presentounos un borrador de instrución para que o persoal do SERGAS desfrute das vacacións do ano 2020 dentro do período ordinario, en previsión dun posible estado de alarma de cara ao outono. Dan de prazo para alegacións ata o martes 12. Ver borrador