CIG informa sobre a comisión técnica de OPE
Cronograma das distintas convocatorias de OPE en curso
- Oposicións
- Sanidade Pública
1. Convocatoria 2019: ampliación de prazas.
Aprobáronse as resolucións nas que se amplian as prazas das convocatorias de OPE das categorías de:
- FEAs
- Médico/a de admisión e documentación clínica
- Médico/a asistencial do 061
- Médico/a de urxencias hospitalarias
- Terapeuta ocupacional
- Técnico/a en farmacia
- Pinche
Unha vez se publique no DOG o Decreto de oferta de emprego do 2021 do SERGAS, publicaranse estas resolucións.
Abrirase un prazo de un mes para novas inscricións, ou para que as persoas xa inscritas que reúnan os requisitos poidan cambiar de quenda (promoción interna, discapacidade...).
2. Convocatorias de OPE de telefonista, pinche pola quenda de discapacidade intelectual e técnico/a en farmacia pola quenda de discapacidade intelectual.
CIG-Saúde presentou diversas alegacións, que non se aceptaron, como:
- A publicación dunha relación bibliográfica dos temarios
- Que a puntuación dos servizos prestados sexa de 0,30 puntos/mes
Acordouse a constitución dun grupo de traballo de OPE para a valoración dos baremos no seu conxunto sen estar suxeito á convocatorias concretas.
Na categoría de telefonista, no apartado de formación, os cursos de informática non estarán limitados e os cursos de prevención de riscos, xestión clínica... pasan a ter unha puntuación máxima de 6 puntos, en lugar de 4 puntos.
3. Información sobre a situación dos procesos actualmente en tramitación.
- Procesos de OPE que se atopan na fase de concurso: previsión de que se resolvan no 1º cuatrimestre do 2021
- Previsión de realización de exames dos procesos xa convocados:
o Primeiro trimestre do 2021: PSX pola quenda de discapacidade intelectual
o Segundo semestre do 2021 (setembro-outubro):
FEAs
Médico/a de admisión e documentación clínica
Médico/a asistencial do 061
Médico/a de urxencias hospitalarias
Técnicos/as superiores sanitarios/as
Técnico/a en farmacia
o No ano 2022: pinche, cociñeiro/a, logopeda, terapeuta ocupacional
4. Cronograma e previsión de próximas convocatorias.
No primeiro trimestre de 2021 se negociarán as convocatorias das categorías:
- De oficios: calefactor/a, condutor/a, costureiro/a, electricista, fontaneiro/a, lavandeiro/a, mecánico/a e pasador/a de ferro.
- De sistemas e tecnoloxías da información: técnico/a superior, técnico/a de xestión e técnico/a especialista.
- Traballador/a social.