CIG informa sobre a mesa sectorial de sanidade
Información sobre a OPE
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
OPEs pendentes de elección de destino
- Médico/a de familia, pediatra AP, odontólogo/a AP, TCAE (libre, discapacidade xeral e intelectual), PSX (libre e discapacidade xeral), fisioterapeuta, matrón/a e as especialidades de enfermaría familiar e comunitaria, de saúde mental e do traballo.
Finais de abril: publicación da resolución pola que se declaran os aspirantes definitivamente seleccionados, se publica o cadro de prazas a ofertar e se abre un prazo de DEZ días hábiles para a elección de destino, que se fará a través do FIDES.
- Excepto TCAE pola quenda de discapacidade intelectual que farán a elección de destino mediante a cumprimentación dun formulario que estará publicado na web do Sergas, e que terán que presentar por rexistro.
Teñen previsto que a toma de posesión se produza aproximadamente a finais de maio.
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
Esta categoría terá unha demora na elección de destino posto que vaise resolver o concurso específico antes.
A Administración aclara que esta demora pode ser de aproximadamente un mes.
OPEs convocadas e pendentes de exame.
As categorías de FEAs, técnicos/as superiores e Técnicos/as en farmacia teñen prevista a realización dos exames da fase de oposición entre o 15 de setembro e o 31 de outubro.
Informan que xa están constituídos todos os tribunais. O venres 23 de abril publicaranse no DOG varias modificacións na composición dos tribunais.
Negociación de novas convocatorias de OPE
No mes de maio remitirán para o seu tratamento na comisión técnica de OPE:
- Os borradores das convocatorias de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a, costureiro/a, lavandeiro/a, pasador/a de ferro, condutor/a, traballador/a social, técnico superior, de xestión e especialista de sistemas e tecnoloxías da información, FEAs en cirurxía oral e maxilofacial, en cirurxía pediátrica, en cirurxía plástica, estética e reparadora, en inmunoloxía e en oncoloxía radioterápica.
- Unha proposta de puntuación adicional COVID.