CIG informa sobre a mesa sectorial de sanidade

Reunión do 29 de xaneiro

1.- Información sobre a situación actual COVID.

O SERGAS informa de que a vacinación continúa e que neste momento están a administrar as segundas doses.

Na próxima semana seguirán administrando as vacinas segundo os criterios establecidos no plano de vacinación. Tamén informaron de que van facer un cribado a todo o persoal do SERGAS, a través de PCR con mostra de saliva. Todas as mostras serán analizadas no hospital de Vigo.

CIG-Saúde solicitamos que se teña en conta o esforzo feito polo persoal do SERGAS e se aborde dunha vez por todas a estabilidade laboral e a retribución do complemento específico.

Reiteramos a nosa exixencia de que lle faciliten a todo o persoal as máscaras FPP2. O SERGAS insiste en que, o plano de protección de saúde laboral está baseado nos criterios do ministerio.

2.- Decreto de creación da categoría de médico de HADO.

O SERGAS informa de que se vai incluír no Decreto un concurso específico para ordenar a reclasificación do persoal fixo que presta servizos nas unidades de HADO. Unha vez se publique no DOG o Decreto de vcreación da categoría, negociaranse na Mesa Sectorial as bases e a convocatoria deste concurso específico.

3.- Concurso de traslados.

Acórdase incluír a categoría de médico/a xeral do CTG no concurso de traslados aberto e permanente, e informan de que o luns 1 de febreiro se publicará a convocatoria no DOG.

Para o ciclo de adxudicación do ano 2021, abrirase un prazo de presentación de solicitudes desde o 2 de febreiro ao 1 de marzo. Agora visualizaranse no FIDES os potenciais destinos desta convocatoria, e coñecerán as prazas concretas incluídas no proceso cando se publiquen as prazas do resto de categorías, que previsiblemente será no mes de marzo.

A partires deste ciclo de adxudicación, os prazos serán como o do resto de categorías.

4.- Orde de vínculos.

O SERGAS recoñece que hai un problema polo abuso das acumulacións de tarefas e comprométese a tratar o tema noutra mesa.

A directora de RRHH comprometeuse a recoller a alegación de CIG-Saúde referente a  que,  a contratación se fará atendendo ao principio de causalidade. Tamén comprometeuse en abordar na mesa o debate sobre a temporalidade e sistema de identificación de prazas.

A directora de RRHH dá por finalizada a negociación da Orde de vínculos e que proceden á tramitación da mesma.

5.- Grupo de traballo de pacto de selección temporal.

Apróbase a constitución da mesa de negociación do novo pacto de selección temporal.

Cada sindicato da mesa sectorial deberá nomear a dúas persoas para esa mesa, e remitir as propostas de mellora do pacto que propoñen para o novo pacto.

6.- Rogos e preguntas:

CIG-SAÚDE

  • Concurso específico de enfermeira especialista en pediatría. Solicitamos a resolución do concurso específico de enfermeiras especialistas en pediatría, e a convocatoria do novo concurso específico previsto para o 2021.
  • Concurso de traslados e OPE de enfermeira especialista en pediatría. Denunciamos o problema que vai xurdir coas tomas de posesión de OPE desta categoría e a tardanza na resolución do concurso específico. A directora de RRHH comunicou que se tratará ese tema nunha reunión das especialidades de enfermaría.
  • Matronas. Solicitamos a negociación na mesa sectorial do modelo retributivo de matronas pendente dende o ano 2000.
  • Cronograma da OPE en curso. Informan de que xa se reuniron os tribunais, nalgunha categoría tiveron que pedir documentación complementaria a algún/ha aspirante. Teñen previsto publicar a baremación definitiva en febreiro.

Volver