CIG informa sobre os permisos do persoal do SERGAS nas eleccións autonómicas do 12X

  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

PERMISO RETRIBUÍDO

  • Ata 4 horas, se a quenda coincide polo menos en 4 horas co horario de votación.
  • Se presta servizos con xornada reducida, corresponde a parte proporcional do
    permiso.

VOTO POR CORREO

  • Ata 4 horas libres tanto para facer a solicitude, coma para a remisión do voto
    por correo.

MESAS ELECTORAIS

  • Presidente/a ou vogal das mesas electorais, e interventores/as.
    • Permiso retribuído de xornada completa o día da votación + 5 horas da xornada do día posterior.
  • Apoderados/as
    • Permiso retribuído de xornada completa o día da votación.

CANDIDATOS/AS ÁS ELECCIÓNS

  • Dispensa dende as 00h do venres 26 de xuño ata as 24h do venres 10 de xullo de 2020.

CIG-Saúde esíxelle ao SERGAS que teña en conta a prestación de servizos as 24 horas do día das persoas traballadoras do SERGAS, e se conceda a quenda da noite anterior do día das votacións, os e as membros das mesas electorais, tanto as persoas titulares coma as suplentes.

Non é de recibo que o persoal da sanidade pública teña menos dereitos que calquera outro/a traballador/a do país.

Volver