CIG SAÚDE A MARIÑA SOLICITA QUE OS PACIENTES INMUNODEPRIMIDOS NON SEXAN INGRESADOS NA PLANTA COVID-19 DO HOSPITAL DA MARIÑA

  • Burela

Burela a 21 de abril de 2020.

Desde CIG Saúde A Mariña manifestan ser coñecedores da intención de ingresar pacientes con neutropenia con febre nas habitacións 319 e 320 da planta de  Covid-19 para facerlle o test RCP_PCR para detectar o virus da COVID-19, algo contrario a todas as recomendacións científicas.

As recomendacións científicas recomendan:

  1. Que os pacientes con neoplasias hematolóxicas, transplantes hematopoéticos,  neutropenia ou tratamento con medicamentos inmunosupresores., sexan atendidos por persoal designado que non atenda a pacientes con sospeita ou confirmación de infección por  COVID-19.

 

  1. O persoal de enfermaría que atende a pacientes  neutropénicos non deben ter contacto con pacientes con sospeita ou confirmación de infección por  COVID-19.

 

  1. Deben establecerse políticas para evitar que as enfermeiras que atenden a pacientes neutropénicos roten en áreas que teñen casos coñecidos ou sospeita de COVID-19.

 

Por todo o anterior, desde a central sindical solicitan á Xerencia Executiva do Hospital da Mariña que reconsidere e rectifique esa decisión contraria a tódalas recomendacións científicas e que ditos pacientes sexan ingresados noutra unidade e con persoal designado que non atenda a pacientes con sospeita ou confirmación de infección por COVID-19.

Volver