CIG-Saúde apoia a CONCENTRACIÓN convocada polas médicas e médicos de urxencias nas portas dos Servizos de Urxencias, o luns 29 de xaneiro, ás 12
- AgMédica
- Sanidade Pública
CONCENTRACIÓN DE MÉDICAS/OS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS
CIG-Saúde apoia a CONCENTRACIÓN convocada polas médicas e médicos de urxencias nas portas dos Servizos de Urxencias, o luns 29 de xaneiro, ás 12.
CIG-Saúde non renunciamos a seguir demandando a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias de abril de 2007. Mentres esta non se produce, na Mesa Sectorial extraordinaria do martes 30, reclamaremos:
- A valoración da aplicación do Acordo de Urxencias do 2007, tanto nos aspectos económicos como de xornada.
- A análise da aplicación dos plans funcionais de urxencias, e da xornada complementaria real realizada polos profesionais.
- A revisión de complementos salariais do acordo de 2007 para defender o diferencial existente no momento da súa sinatura.
- A aplicación as médicas/os de Urxencias dos acordos de melloras retributivas e nas condicións de traballo de abril de 2023.
- A aplicación as médicas/os de Urxencias doutros acordos de mellora xa acordados ou en trámite de negociación na Mesa sectorial.
- A revisión dos elementos asistenciais que dificultan o traballo das médicas/os de Urxencias: informes Rx, drenaxe de pacientes, etc.
- Os criterios de decisión na creación de novas prazas da categoría de médicas/os de Urxencias e o seu reparto por Áreas sanitarias.