CIG Saúde apoia a denuncia feita pola equipa de traslados do Hospital público de O Barco
- O Barco
CIG-Saúde Valdeorras comparte as demandas do equipo de tres enfermeiras que se encargan da realización dos traslados interhospitalarios do Hospital público de O Barco debido á falta de especialidades médicas existente neste hospital, e que se expresan no seguinte escrito.
Situación das enfermeiras de traslados no Hospital Público de Valdeorras.
No Hospital Público de Valdeorras (HPV), estamos 3 enfermeiras en servizo especial de traslados.
Até outubro fora un servizo de 11 enfermeiras voluntarias. Ao non haber especialistas trasládase unha gran cantidade de doentes diarios.
Temos só 2 días libres ao mes, o resto son saíntes de 24h.
En moitos casos, cando sae un traslado no fin do servizo, a hora de saída do turno pode prorrogarse 4h máis, que é o que dura o traslado.
Non cobramos os domingos nen festivos, tampouco nocturnidade, nen tampouco perigosidade nunha estrada coma N-120 Ourense - O Barco, O Barco - Ourense cargada de siniestralidade polas malas condicións da estrada e a gran cantidade de animais que cruzan a estrada (xabaríns, corzos…).
En ocasións dependendo da patoloxía e a gravidade temos derivado doentes a Compostela ao CHUS; a Vigo ao Álvaro Cunqueiro ou Meixoeiro; ou Ferrol á cámara hiperbárica do HNF.
Adxuntamos o noso horario:
MT= 12 presenciais 8h a 20h
MG= Quenda de 24h. De 8h a 16h presenciais e de 16h a 8h localizadas
G= Garda localizada 24h
*O SERGAS nos reclama que debemos horas presenciais.*
As compañeiras de traslados queremos denunciar a situación en primeiro lugar de desmantelamento do HPV que están a desfornecer de pesoal sanitario, entre eles a médicos e especialistas, o que provoca unha situación de peligro inminente para todos os cidadáns da área sanitária de Valdeorras.
Como persoal de traslados este desmantelamento inflúe na cantidade de traslados realizados diariamente, para facer probas diagnóticas programadas en ambulancias convencionais, e ou urxencias en UVI móbil. (Resaltar que no caso das resonacias, cando non está o camión (resonancia) no Barco, realízanse no Hospital privado de COSAGA de
Ourense multiplicando o custo da proba diagnóstica para o SERGAS).
Para nós as tres é-nos imcompatíbel soportar por muito mais tempo esta carga de traballo.
En canto antes o realizaban un conxunto de 11 enfermeiras de forma voluntaria, hoxe somos 3 enfermeiras con función específica de traslados. Cunha media de entre 70 e 90 traslados ao mes.
En moitas ocasións a falta de enfermeiros coincidindo con varios translados implica mover a outras compañeiras doutros servizos para axudar, moitas veces forzándoas a torturarse nun traslado que dura 4h entre ida e volta de media, por unha estrada que para poder soportar témonos que medicar diariamente con antieméticos para mareos, nauseas e vómitos, ansiolíticos para a ansiedade...
Porén solicitamos a máxima difusión e apoio, para que administración e a xerencia da área sanitaria de Ourense, deixe o maltrato ao que até agora nos ten sometidas canto antes, e remate esta situación límite á que nos vemos sometidas día a día, para dotarnos de persoal e dunha carteleira axustada aos parámetros dun TRC (Turno Rotatorio Complexo).