CIG-Saúde apoia as concentracións do 26 de xuño das técnicas e técnicos superiores.

  • Sanidade Pública

CIG-Saúde apoia as concentración convocadas por ATESSGA o xoves 26 de xuño, ás 17:45 horas diante das delegacións de Facenda.

Esta mobilización enmárcase nunha loita que compartimos: a demanda dunha nova clasificación profesional para o persoal que traballa na sanidade pública, con impacto económico real.

CIG-Saúde iniciamos un calendario de mobilizacións ante a actitude do Ministerio de Sanidade, que pretende desvincular a nova clasificación profesional das retribucións, ignorando as reivindicacións lexítimas das persoas que traballamos na Sanidade Pública.

Por iso, CIG-Saúde apoia esta convocatoria para defender:

✓Unha nova clasificación profesional digna e recoñecida.

✓A súa vinculación directa a melloras salariais.

✓O respecto e recoñecemento ao persoal que traballa na sanidade pública.

Día: xoves, 26 de xuño Hora: 17:45 h Lugar: Diante das delegacións de Facenda.

Participa! A dignidade do persoal da sanidade tamén se defende na rúa.

Volver