CIG-Saúde asina un acordo de incorporación do persoal temporal á Carreira Profesional, condicionado á aprobación final do sindicato
- Carreira profesional
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
O SERGAS modifica positivamente o borrador inicial e inclúe moitas das alegacións presentadas por CIG-Saúde.
Grao inicial
- Efectos administrativos desde o 7 agosto 2018 ou desde a data do primeiro vínculo.
- Efectos económicos do 100% o 1 xaneiro de 2024 para as persoas que cumpran criterios para acceder ao Grao I no ano 2023.
Encadre excepcional 2022
- Persoal fixo, temporal ou substituto que prestara servizos, nalgún momento, entre o 1 de xullo e o 28 setembro de 2018, e tivera previo a 1 de xullo de 2018 5 anos de servizos prestados.
- Efectos económicos: 1 xaneiro de 2023 do 100%.
Encadre excepcional 2023
- Persoal fixo, temporal ou substituto con permanencia no servizo activo desde 1 xaneiro do 2019 ata o 1 de decembro de 2020. Para o persoal temporal: enténdese permanencia no servizo activo aínda que existan ata 90 días sen servizo activo.
- Efectos económicos: 50% en 2024 e 100% en 2025.
CIG-Saúde valoramos positivamente o desbloqueo da Carreira Profesional e que o persoal temporal por fin poida avanzar nela!!