CIG-Saúde Compostela REXEITA CONTRATOS COVID: CONTRATOS ENVELENADOS

Concentración diante do Hospital Clínico de hoxe 29 de maio ás 12h

  • Santiago

Dende CIG-Saúde Compostela denunciamos a renovación automática dos contratos realizados na área sanitaria de Santiago-Barbanza a consecuencia da actual emerxencia sanitaria provocada polo virus SARS-CoV-2.

Mais existe outro virus, enquistado dende hai anos na sanidade pública galega, precarizando á contratación do persoal, escravizándoo, con condicións laborais pésimas e imposibilitando a conciliación da vida familiar. Este virus é a xestión do Sr Feijoó.

Dende esta central sindical denunciamos a renovación destes contratos xa que, na actualidade, non se axustan á demanda asistencial existente e a renovación dos mesmos só se sustenta en criterios electoralistas. O Sr Feijoo pretende vendelo como un premio, mais para nós é un contrato envelenado que castiga ós profesionais dos listados de contratación. A diminución de pacientes por COVID-19 está a provocar que estes profesionais renovados ocupen contratos que deberían ser ofertados pola lista de contratación como baixas laborais, riscos no embarazo ou, no peor dos casos, cubrindo ausencias e días libres sen ter as quendas do mes, con chamadas cada 3 días para sabelas ou incluso con días quedando na casa por non ter onde colocalos. E aínda así pretende seguir renovándoos, dando exemplo de xestión nefasta dos recursos públicos.

Estas renovacións inxustificadas son unha absoluta perversión da contratación e penaliza ós profesionais que accederon a unha lista baixo criterios de igualdade, mérito e capacidade que a día de hoxe non se están a respectar.
Por unha banda, estamos a espera de que a Xerencia de Santiago nos informe do “nº de contratos que hai, disgragados por categorías e tempo de duración”. N/REX:5937.

Por outro lado, non entendemos a que ven tanta hipocresia por parte do SERGAS, polo que respecta a organización colectiva das unidades con enfermos COVID19, xa que o informe de Inspección de traballo (N/REF: 15/0003584/20, desmonta que exista planificación COVID19 na Xerencia de Santiago : “No consta que se hayan establecido planes de continuidad para garantizar el mantenimiento de la actividad ante un aumento de las bajas laborales o en un escenario de incremento del riesgo de transmisión en el lugar de trabajo, con la participación de la representación de los trabajadores, a pesar de que se trata de una de las medidas de prevención de carácter organizativo que establece el Protocolo de servicio de Prevención, por lo que se ha advertido a la entidad que se deben establecer planes de continuidad para garantizar el mantenimiento de la actividad con la participación de la representación de los trabajadores”

O SERGAS e a Xerencia de Santiago ignora ou despreza ao seu persoal, faino así para pintar unha realidade falsificada da situación actual da sanidade pública, espallando unha visión a sociedade dunha sanidade perfecta e de que todo vai moi ben.

Por todo isto CIG-Saúde Compostela esiximos a revogación dos contratos COVID19, unha contratación sen pudor e de vergoña por parte do SERGAS, e que se oferten os CONTRATOS por orde de prelación das listaxess de contratación, respectando os principios básicos polos que se rexen: igualdade, mérito é capacidade.

Un saúdo
Natividad Redondo
Xosé M. Marcote Baña

Volver