CIG-Saúde concéntrase diante do HULA para denunciar a denegación de permisos ás enfermeiras
CIG-Saúde concentrouse coas enfermeiras do HULA en protesta polas contínuas denegacións dos seus permisos por parte da Dirección deste hospital.
No que vai do presente mes de febreiro máis de 60 días de libre disposición foron denegados ás traballadoras. Estes permisos correspóndense a días adeudados do ano 2022, e as denegacións estanse a comunicar con moi poucas horas de marxe, creando incertidume nas traballadoras, imposibilitándoas á hora de poder planificar as súas vidas e coartando a súa conciliación familiar.
Tamén dende a Dirección de Enfermería da EOXI de Lugo estase a avisar ao persoal da obriga de dobrar turnos se non se presentan os relevos, incrementando máis se cabe a presión sobre as traballadoras.
CIG SAÚDE denuncia esta situación xa que é a todas luces inadmisible dende o punto de vista dos dereitos laborais das traballadoras, e considera que, tanto dende o Sergas como dende a Dirección do Hospital, non se están a buscar todas as posibles solucións para garantir o desfrute dos permisos por parte do seu persoal.
Coa CIG na rúa a loita continúa!
Sanidade pública e de calidade!