Cig-saúde Coruña denuncia fronte a fiscalía o incumprimento, por parte da Xerencia, do requirimento da inspección de traballo respecto da UCI de intermedios (5ºB)
Esiximos á Xerencia o cumprimento inmediato do requirimento da Inspección de Traballo.
- A Coruña
O pasado luns Cig-saúde Coruña presentou unha denuncia na fiscalía, xa que no ano 2017 a Inspección de Traballo ditaminou de forma expresa que se ten que “solucionar a ausencia de renovación do aire e as altas temperaturas que e acadan na unidade”; así como “os problemas de escaseza de persoal”, relacionado coa mobilidade do mesmo na realización de probas aos pacientes, acudir ao baño (que está fora da unidade) ou poder ir a sala de descanso (xa que a propia da unidade non ten as condicións mínimas de salubridade necesarias).
A Xerencia, advirte á Inspección, de que a última fase do plan director (obras pendentes) remataría cos problemas expostos, xa que suporía o peche desta unidade, e unhas UCIs novas e unificadas.
No día de hoxe, as obras continúan sen realizarse, e estamos lonxe de solucionar os problemas graves de ventilación e temperaturas da unidade. Ademais esta Xerencia ingresa na mesma pacientes diagnosticados de Covid-19 e pacientes con proba pendente de resultado, onde a falta de ventilación incide directamente sobre a saúde das/os profesionais que alí traballan, así como das/os pacientes pendentes do resultado da proba.