CIG-Saúde Coruña esixe que se compute como tempo traballado a realización de formación obrigatoria

  • A Coruña

O pasado día 23/03/2021 a Dirección de Recursos Económicos enviou varios correos electrónicos, ao persoal que traballa na realización das tarefas de control de Lexionella no CHUAC e aos que non o fan directamente, categorías de (calefactor, mecánico e fontaneiro).

Neses correos indícase a obrigatoriedade da realización do “curso de renovación habilitación tarefas de control da lexionelose” e do “Curso para a habilitación tarefas de control da lexionelose ”, necesarios para obter a habilitación para a realización destas tarefas de control da Lexionella.

- O curso de renovación habilitación tarefas de control da lexionelose” desenvolvese nos días 12 e 13 de abril no horario de 9:30 a 14:30 horas. Un total de 10 horas.

- Namentres o “Curso para a habilitación tarefas de control da lexionelose” para obter a habilitación desenvolvese nos días  do 5 ao 9 de abril no horario de 9:30 a 14:30 horas. Un total de 25 horas.

Posteriormente esta organización sindical reunida co Director de RRHH solicita que se teña en conta como tempo traballado a realización destes cursos debido a obrigatoriedade dos mesmos; nesta mesma reunión indícasenos que non vai ser así. Só se “concederá” permiso para a asistencia dos mesmos ao persoal coincidente coa súa quenda de traballo, o resto do persoal, deberá vir nas súas horas de descanso para a realización do curso e non se lle terá en conta como tempo traballado.

O “Real Decreto 865/2003, de 4 de julio, por el que se establecen los criterios higiénico-sanitarios para la prevención y control de la legionelosis”, no artigo 13 “ Métodos de tratamiento de las instalaciones” onde di “Todo el personal que trabaje en operaciones de mantenimiento higiénico-sanitario, deberá cumplir las disposiciones de la legislación vigente en materia de capacitación para realizar tratamientos con biocidas”.

Entendese logo que é necesario e obrigatorio a realización deste curso para desenvolver as tarefas necesarias para o control da Legionella, así como para a prevención e protección da saúde das/os traballadoras/es.

A Lei “31/1995, de 8 de noviembre, de prevención de Riesgos Laborales” no artigo 19 di Formación de los trabajadores.

  1. En cumplimiento del deber de protección, el empresario deberá garantizar que cada trabajador reciba una formación teórica y práctica, suficiente y adecuada, en materia preventiva, tanto en el momento de su contratación, cualquiera que sea la modalidad o duración de ésta, como cuando se produzcan cambios en las funciones que desempeñe o se introduzcan nuevas tecnologías o cambios en los equipos de trabajo.

La formación deberá estar centrada específicamente en el puesto de trabajo o función de cada trabajador, adaptarse a la evolución de los riesgos y a la aparición de otros nuevos y repetirse periódicamente, si fuera necesario.

  1. La formación a que se refiere el apartado anterior deberá impartirse, siempre que sea posible, dentro de la jornada de trabajo o, en su defecto, en otras horas pero con el descuento en aquélla del tiempo invertido en la misma. La formación se podrá impartir por la empresa mediante medios propios o concertándola con servicios ajenos, y su coste no recaerá en ningún caso sobre los trabajadores.”

 

Polo exposto CIG-Saúde Coruña solicita á Xerencia, á Dirección de Recursos humanos e á Dirección de Recursos Económicos da área sanitaria de A Coruña que se teña en conta como tempo traballado as horas de realización do “Curso de renovación habilitación tarefas de control da lexionelose” e do “Curso para a habilitación tarefas de control da lexionelose”.

Volver