CIG-Saúde da comarca de Vigo denuncia o peche de camas durante o verán

Mentres negóciase con Ribera Salud (POVISA) un novo contrato para operar lista de espera da Área Sanitaria de Vigo

  • Vigo

O período do verán, que soporta menos presión de determinadas patoloxías, podería ser unha oportunidade para incrementar o número de cirurxías para acortar a lista de espera que padecemos, tanto a histórica que arrastramos como a ocasionada pola diminución de actividade durante a pandemia. No canto de facelo á Consellería de
Sanidade aposta por dedicar máis cartos á Sanidade Privada.

Mentres se pechan camas, a Consellería de Sanidade negocia con Ribera Salud un contrato de varios millóns de euros para que a empresa de Centene Corporation, con sede en St. Louis, Missouri, opere a lista de espera da Área Sanitaria de Vigo.

Sería difícil de explicar que se incremente a derivación e os cartos que se entregan á empresa de Missouri, no canto de utilizalos para reforzar os recursos públicos.

E se é necesario incrementar os recursos humanos, que se faga a cargo dos cartos que se pensan dedicar a o incremento da concertación coa sanidade privada.

Volver