CIG-Saúde defende negociar voluntariedade para garantir unha xornada de 35 horas
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Na Mesa Sectorial do día 4 de decembro, os sindicatos da Mesa Sectorial tiñamos solicitado que se tratara a aplicación do acordo de xornada do 20 de abril de 2023.
CIG-Saúde exixiu que se retirara a “obrigatoriedade” das instrucións de xornada do 2025 e establecer un sistema de voluntariedade para a realización dos sábados.
Despois dun longo e tenso debate, a Consellería de Sanidade comprometeuse a que, transitoriamente, en tanto non se negocie un sistema de voluntariedade, as carteleiras do 2025 serán so para o primeiro trimestre e a realización dos sábados será inicialmente voluntaria a espera de pactar un “acordo” sobre este tema.
Ademais CIG-Saúde tamén esixiu que se negocie na Mesa Sectorial o resto de materias pendentes que quedaron para negociar do acordo do 20 de abril de 2023.
Para CIG-Saúde non chega con intencións, polo que non imos desconvocar as mobilizacións iniciadas ata que exista unha negociación real e que se retire a obrigatoriedade da realización de sábados para todas as categorías!