CIG-SAÚDE demanda a creación dos postos de coordinación de PSX, esenciais no funcionamento da Atención Primaria

  • Ag Persoal non sanitario
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

A categoría de PSX creouse mediante o Decreto 160/1996, e dende a súa creación non ten unha estrutura de coordinación que lle permita realizar o seu traballo dun xeito coordinado e coa formación necesaria para o desempeño do posto.

A situación de descoordinación agravouse coa desaparición das xerencias de Atención Primaria e da súa es-trutura directiva. O persoal de primaria é "xestionado" directamente polo persoal PSX do seu centro, xa que a xestión que se realiza desde o hospital é insuficiente.

Ante esta situación, e as graves consecuencias que isto provoca, desde CIG-SAÚDE solicita-mos do SERGAS a creación dos seguintes postos de PSX:

XEFATURA DE GRUPO: Organización e xestión

Dentro desta estrutura directiva, ao igual que existe no ámbito hospitalario, desde CIG-SAÚDE propoñe-mos a creación das Xefaturas de Grupo na Aten-ción Primaria.

Ditas Xefaturas de Grupo con funcións de xestión de persoal, crearíanse en función da dimensión do centro e do seu cadro de persoal, podendo nalgún caso, ser unha Xefatura de Grupo para xestionar máis dun centro.

A categoría que debera acceder a estes postos é a de PSX. Esta persoa sería a responsable de elaborar os procedementos propios do centro, a xestión de recursos humanos (dos PSX) e a planificación do traballo da área administrativa.

POSTO DE XEFA/E DE GRUPO - SUBGRUPO N-C2-01     
GRUPO NIVEL SOLDO COMP. DESTINO COMP. ESPECÍFICO PRODUTIVIDADE
C2 20 656,18 481,48 354,09 142,98

COORDINACIÓN DE FORMACIÓN: Formación

Desde CIG-SAÚDE solicitamos a creación de postos de Coordinadora/or de Formación de PSX. Un posto por distrito sanitario.

As funcións do posto de coordinadora/or de for-mación están máis que xustificadas nas competen-cias profesionais das PSX e no elevado número de programas específicos do SERGAS que necesitan coñecer para desenvolver o seu traballo diario.

As retribucións do PSX coordinadora/or de forma-ción serían as recollidas na Orde de Confección de nóminas para o coordinador de formación C2

POSTO DE COORDINADORA/OR DE FORMACIÓN PSX
GRUPO NIVEL SOLDO COMP. DESTINO COMP. ESPECÍFICO PRODUTIVIDADE
C2 17 656,18 407,72 197,46 160,45

 

Agardamos que o SERGAS atenda esta demanda e proceda á creación destes postos.

Podes ver aquí a nova en Avantar

Volver