CIG-SAÚDE demanda do SERGAS unha negociación real das condicións de traballo do persoal de Atención Primaria
- Atención primaria
- Sanidade Pública
O SERGAS non pode seguir xogando a ser a súa mellor oposición, ofertando xs médicxs de familia outros postos de traballo fóra da Atención Primaria con mellores condicións laborais e retributivas, e facendo inventos de xestión para a atención primaria.
CIG-SAÚDE exixe unha negociación que poña en valor o traballo das/os profesionais da Atención Primaria, que mellore a súas condicións laborais e permita fidelizar profesionais.
CIG-SAÚDE exixe unha reunión de mesa sectorial para negociar de inmediato a seguinte táboa reivindicativa.
TÁBOA REIVINDICATIVA:
1.- Recoñecemento por parte do SERGAS que toda a xornada realizada en PACs é xornada ordinaria, e polo tanto hai que aplicar as correspondentes retribucións deste posto (valor hora, nocturnidade e festividade) a todo o persoal, con independencia de quen realice a xornada complementaria; persoal de ordinaria ou persoal de PAC.
2.- Establecer un número máximo de 1.300 TIS/profesional en adultos. E un máximo de 30 persoas por axenda; isto si sería unha axenda de calidade.
3.- Establecer unha xornada complementaria (voluntaria) para médicxs de primaria, que permita facer unha prolongación da xornada para atender a súa sobredemanda. Negociar as retribucións desta xornada. Un sistema parecido ao módulo de xornada que realiza o persoal de hospital, maiores de 55 anos que deixan de facer gardas.
4.- Establecer un sistema de gardas localizadas para cubrir as incidencias non previstas.
5.- Unha vez publicadas as novas condicións laborais, o SERGAS procedería a realizar unha nova oferta de voluntariedade.
6.- Incorporar enfermeirxs nos centros de saúde para acadar o mesmo ratio de enfermeirx que de médicx. No caso da enfermeirx habería que considerar, a maiores, o incremento da cronicidade e a atención domiciliaria, entre outros.
7- Incorporar Matronas, Fisioterapeutas, Psicólogxs Clínicxs, Odontólogxs, PSX, TCAEs e Farmacéuticxs de Primaria, un cadro de persoal dimensionado en función das cargas de traballo e das carteiras de servizos.
No referente ao persoal de fisioterapia, o seu cadro de persoal debería estar dimensionado para atender ás necesidades da atención primaria, na actualidade atenden a demanda derivada de hospital, sen que x médicx de primaria poida derivar persoas a estxs profesionais.
8.-Implementar protocolos de traballo.
9.- Calendarios de traballo estables, reparto equitativo das xornadas de traballo.
10- Xerencias de primaria e estrutura directiva, que permita facer planificación, desenvolvemento dos procesos, se responsabilice da xestión...
11.- Formación de Residentes e organización das axendas da consulta.
Unha atención primaria con condicións dignas XA!!