CIG-Saúde demanda o uso de máscaras FFP2 en atención directa ao paciente
- Ferrol
CIG-Saúde vén de solicitar por escrito, ao presidente do Comité de Seguridade e Saúde o uso estendido de máscaras autofiltrantes FFP2 a todo o persoal en atención directa ao paciente. Despois de recibir información dos últimos contaxios entre pacientes e persoal ,cando ambos estaban a utilizar a máscara cirúrxica, e dado a imposibilidade de manter a distancia interpersoal no ámbito da atención directa, reclamamos a necesidade de estender o uso de máscaras autofiltrantes FFP2 a todo o persoal sanitario e non sanitario en contacto directo cos/as pacientes.
Somos ademais coñecedores de que noutras empresas públicas está estendido o uso deste tipo de máscaras FFP2.
Dende CIG-Saúde Ferrol vimos de rexistrar o día 1 de setembro un escrito solicitando o uso estendido de estas máscaras autofiltrantes FFP2 ao todo o persoal en atención directa ao paciente.
Nós queremos que nos protexan no noso posto!!. Se o problema é o económico, ben puido Feijoo ter gardados os cartos dos cheques de 250 euros co que pretendeu comprar ao persoal.