CIG-Saúde denuncia a aplicación irregular dos permisos adicionais por COVID

Dende CIG-SAÚDE esiximos a recuperación dos dereitos laborais e retributivos e non esmolas que teñen difícil aplicación

  • Coronavirus
  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

Na Mesa Sectorial do pasado 25 de novembro de 2020 aprobouse o Plan de continxencias COVID, co voto en contra de CIG-SAÚDE.

Dende CIG-SAÚDE denunciamos dende o principio que os permisos adicionais por COVID ían a xerar desigualdades entre os/as profesionais.

Non fixo falta moito tempo para que se fagan evidentes.

A pesares de que no Plan de continxencias recollía quen tiña dereito a este permiso, a realidade supera o que se establece no papel.

Nalgunhas xerencias están a denegar o permiso porque ao seu entender os/as traballadores/as non cumpren os requisitos que marcan as instrucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS sobre a aplicación de varias medidas contidas no Plan de continxencia COVID-19.

A definición de "EPI completo" xunto con que o uso deste será como mínimo durante o 80% da xornada, dificulta enormemente a súa concesión e xera uns agravios enormes entre colectivos e entre diferentes áreas sanitarias.
Están limitadas as unidades e servizos aos que lles concede a posibilidade de desfrutar deste permiso adicional COVID, deixando outros servizos á discrecionalidade da xerencia considerar que teñen dereito a el, a pesar de ter un uso continuado do EPI completo.

A maiores de todo isto, o propio plan de continxencias impide a contratación para a cobertura destes permisos, o que se traduce en que na maioría dos casos é a costa de que non se cubran esas ausencias, deixando aos centros nunha situación máis penosa se cabe que a que xa están vivindo na actualidade.

Dende CIG-SAÚDE esiximos a recuperación dos dereitos laborais e retributivos e non esmolas que teñen difícil aplicación.

Volver