CIG-Saúde denuncia a falta de enfermeiras no Hospital de Monforte
CIG-Saúde Monforte vén den enterarse da última medida precarizadora da dirección do H.P. de Monforte
- Monforte
Nos últimos tempos a falta de enfermeiras é unha constante neste hospital, debido á mala xestión por parte do centro polas malas condicións de traballo existentes e por non coidar ao persoal ofrecendo contratos precarios e limitando os seus dereitos por ser persoal temporal.
Agora vimos de enterarnos con estupor que as últimas consignas por parte da dirección do H.P. de Monforte, cando non atope enfermeiras para cubrir os permisos que disfrutan outras, son deixar unha soa enfermeira por planta.
Lembramos que en Monforte xa hai un déficit de enfermeiras moi importante nas unidades de hospitalización onde só hai dúas enfermeiras por quenda, pero agora deixan a unha soa enfermeira para atender toda a planta.
Para CIG-Saúde esa medida crea inseguridade tanto para os pacientes como para o propio persoal que vai ter que facer fronte en soidade a posibles ingresos na unidade ou que algún dos pacientes ingresados se inestabilice e sexa precisa unha actuación de urxencia.
Por todo iso, pedímoslle á Dirección que cubra os permisos do persoal e que non volva deixar ningunha planta cunha soa enfermeira.