CIG-Saúde denuncia a falta de máscaras FFP2 para todo o persoal sanitario do HULA

  • Lugo

A CIG-Saúde de Lugo reitera a denuncia pola falta de máscaras FFP2 para o persoal do Hospital Lucus Augusti dos servizos de administración, laboratorios, cociña, esterilización etc. á quen non se lles dá este tipo de protección, pois, segundo a Xerencia non prestan atención directa aos e ás doentes.

Neste senso, a Federación de Saúde de Lugo lémbralle á dirección que un hospital é un centro onde se fai atención directa a pacientes e que hai uns días o propio presidente da Xunta pediu ao Executivo español que se fixera obrigatorio o uso deste tipo de máscaras. "E mentres, os traballadores e traballadoras dos servizos sanitarios que dependen do SERGAS están a traballar sen ela ,ou ben teñen que mercala do seu peto, para vir o posto de traballo protexidos/as e protexendo", denuncia a CIG-Saúde de Lugo.

Volver