CIG-Saúde denuncia a Hipocresía do SERGAS
Convoca concentración o día 18 de abril. Non a deshumanización de atención primaria!
- Ferrol
O SERGAS vén de aplicar unha actualización do programa de citación XIDE. Con dita actualización o que pretende é que o persoal administrativo de atención primaria, para dar unha cita, utilice, si ou si, dito programa, en vez de seguilo a facer co programa anterior.
Dende CIG denunciamos en numerosas ocasións que así estase a vulnerar a confidencialidade do/a paciente, xa que, a primeira pregunta a plantexar é: “Que lle sucede?” E isto hai que preguntarllo á doente nun mostrador abarrotado de xente, onde todo o mundo pode escoitar.
Ante as nosas denuncias de que a cidadanía ten dereito a que non se vulnere a súa intimidade, o SERGAS respostou poñendo unhas pegatinas cun metro de distancia coa idea de que, de pegatina a pegatina, non se escoitara.
Nin que estiveran feitas dun material supersónico que anulara o sonido!
E que acabou por facer o SERGAS cando lle dixemos que continuaban a vulnerar o dereito á intimidade dos doentes? Recomendarlle publicamente ao persoal administrativo que fixera a trampa, eu fago a lei e ti fai a trampa, pon “ausencia de motivo”, minte, fai como que preguntaches e non che dixeron.
Agora non só vulneramos a confidencialidade dos/as doentes que lle pedimos ao persoal administrativo que minta, que engane a un programa, en vez de recoñecer que o programa non serve máis que para sobrecargar ao persoal, que require cinco veces máis tempo para dar unha cita que co anterior programa.
Nos preguntamos entón: “que clase de ferramenta de traballo están a pór nas nosas mans cando nos din que a trampeemos?” Non ten sentido! se a trampeas é que non serve!
Ademáis, do que non informa o SERGAS é que se se fai esa trampa (ausencia de motivo) iso nos leva a unha lista de espera de 7, 10 ou 15 días, dependendo do centro.
Todo isto, nos plantexa unha pregunta, quen fixo o programa? quen cobra pola súa utilización? e a que cabeza cuadrada do SERGAS se lle ocurriu que as/os usuarios nos apetece contar a voz en grito por todas as esquinas que doenzas temos?
O SERGAS gastou os cartos en poñer nos centros unhas máquinas para sacar un ticket e así non chamar as usuarias e usuarios polo seu nome, disque vulneraban a lei de protección de datos decindo o teu nome, pero non vulneraran ningunha norma preguntándome ahí diante de todo o que queira escoitar, o que me ocorre, se tuso ou teño febre ou se teño picor nos xenitais, temos que contalo alí??
Agora para acabar de rematala, o SERGAS anuncia a posibilidade de poñer outras máquinas tipo “caixeiro automático” para que poidas ir e contarllo á máquina. Pero non nos chega xa a Brecha Dixital?
Así empezaron os bancos, e agora todo se fai dende os caixeiros, pecharon oficinas e despediron persoal, ese é o futuro que queremos para a nosa atención primaria? Convertila nun banco? Despersonalizar a atención? Actuemos antes de chegar alí!
Sempre que denunciamos o deterioro de Atención Primaria, nos atopamos coa mesma resposta, que senon hai médicos/as, pediatras, enfermeiros/as... pero o persoal administrativo tamén forma parte do equipo de Atención Primaria. Nunha cousa coincidimos co SERGAS, o persoal de xestión e servizos pode facer moito traballo para axudar a desaturar a Atención Primaria, pero eses traballos non poden pasar por saturalos a eles ata a extenuación, porque destas categorias sí existe paro, sí poden aumentar plantilla, pero non o fan. Mellor senon lles queda tempo para pensar!!!
Dende CIG-Saúde convocamos unha concentración o martes 18 de abril diante do Ambulatorio Fontenla Maristany ás 19 horas, e pedimos o apoio da cidadanía.
Máis persoal en Atención Primaria!! Menos brecha dixital!! Queremos respetar a intimidade das/os doentes sen facer trampas!!
Non ao XIDE!!!!