CIG-Saúde denuncia a modificación do programa "SIGAP" sen información nin formación

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

A CIG-Saúde presentou un escrito ante o Servizo Galego de Saúde para denunciar unha situación que xa é insostible. A implantación da nova versión de SIGAP o pasado 30 de abril fíxose sen planificación, sen formación e sen ningún respecto polo traballo do persoal.

O cambio comunicouse o mesmo día da súa posta en marcha, obrigándonos a traballar directamente cun sistema novo, complexo e con fallos, en plena ponte. Sen tempo para aprender, sen apoio real e coa responsabilidade de seguir garantindo a atención á cidadanía.

As consecuencias están sendo claras: retrasos, incidencias constantes, máis carga de traballo e unha presión diaria que non deixa de medrar. Non é algo puntual. É unha forma de xestionar que se repite: cambios impostos, falta de persoal, ausencia de formación e ningunha participación de quen sostén o sistema día a día.

Están a cargar sobre o persoal PSX o peso da dixitalización sen poñer os medios necesarios.

E iso ten un custo: peores condicións de traballo e un servizo máis deteriorado.

O QUE ESIXIMOS DENDE CIG-SAÚDE

✊ Avaliación REAL das cargas de traballo
✊ Aumento e axuste das plantillas PSX
✊ Formación previa OBRIGATORIA antes de calquera cambio
✊ Planificación e comunicación con antelación
✊ Corrección inmediata dos fallos de SIGAP
✊ Protocolos claros para futuras actualizacións
✊ Participación real do persoal nas decisións
✊ Tratamento deste problema na mesa sectoria

Non imos asumir máis sobrecarga nin máis improvisación. Sen medios, sen formación e sen persoal suficiente non hai sistema que funcione.

Volver