CIG-Saúde denuncia a obsolescencia do material e falta de renovación
No pasado mes de Marzo do 2022, foi presentado un escrito con 1100 sinaturas recollidas entre o persoal do C.H.U.S, DENUNCIANDO as deficiencias que nos encontramos no noso traballo:
• unha falta de mantemento das camas,
• falta de mantemento e problemáticas varias cos ascensores
• balas de osíxeno: falta de soporte e material de transporte entre unidades
Despois de varios meses nos que chegaron a confirmar a compra de material en reunión de Comisión de Centro e coa presencia da Xerenta da área, concretando incluso o número de 500 camas novas, parece ser, que agora, xa non hai nada do que se falou. Así na última reunión da Comisión de Centro, a dirección de Recursos Económicos, dá volta atrás e desdícese do anunciado previamente.
A XERENTE e a DIRECTORA DE RR.EE informaron na ACTA Nº6/2022 de data 19/10/2022
• “ da compra de 500 camas que terán soporte para as balas de osíxeno”, preguntouse como CIG, a que altura ían estar esos soportes. "A Directora de Recursos Económicos informa que foron valoradas pola UPRL.”
• “ Mantemento ascensores, fochancas pasillos”. "A Directora de Recursos Económicos informa que se remitiu a planificación para executar os arranxos das diferentes fochancas dos pasillos, serán dúas por semana”
• “Hai que buscar algunha alternativa para que os provedores non usen os ascensores dedicados ao traslado de pacientes.”
ACTA Nº1/2023 de data18/01/2023
A representación da CIG pregunta polas 500 camas que noutra reunión dixeron que se ían comprar: ” A Directora de Recursos Económicos recorda que se trata dunha compra por concurso centralizado. Non poden dar unha data.”
A representación da CIG pregunta polos carros para as balas de osíxeno. “A Directora de Recursos Económicos di que o xefe de persoal subalterno lle trasladou que non eran necesarios en función dos desprazamentos que se facían usando as balas.”
Dende CIG-SAUDE SOLICITAMOS :
• A renovación das camas e o material obsoleto, xa que está impedindo a realización do noso traballo en condicións de seguridade tendo que facer sobeesforzos contínuos para a maninupulación das camas IT
• Uns carros para o transporte das balas de osíxeno ou calquera outro procedemento para non cargar a man coas balas entre as diferentes unidades hospitalarias.
• Un protocolo de entrada de mercadorías, con traxectos e horarios diferenciados e que non interfiran co traslado habitual de pacientes .
• Unha solución á problemática dos ascensores e o desnivel existente, co conseguinte perigo tanto para os/as usuarios/as como para o persoal. Feito xa denunciado en repetidas ocasións e que ciclicamente volve producir accidentes como o da fotografía.