CIG-Saúde denuncia a sobrecarga do persoal de enfermaría de ADOS durante o verán
ADOS pon en risco a súa capacidade de atender a demanda de sangue dos centros sanitarios galegos.
- Sanidade Pública
A Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) comprometeuse coa Consellería de Sanidade a continuar coas campañas de doazón de sangue ao 100%, pero faino á costa das súas traballadoras e traballadores.
Durante o período estival o persoal vese obrigado a executar as campañas coa metade do persoal enfermeiro, e contratan técnicos/a en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) para “compensar” a ausencia de enfermeiros/as.
A falta de contratación de enfermeiras/os está a poñer en risco a capacidade de acadar o mínimo número de doazóns necesarias para garantir o funcionamento do sistema sanitario.
ADOS tampouco está a garantir que estas ausencias se poidan cubrir con procedementos de auto cobertura, posto que non queren aboar a xornada complementaria ao mesmo prezo que no resto do SERGAS, polo que non hai persoal voluntario para dobrar a xornada.