CIG-Saúde denuncia agresións a traballadoras no hospital de Monforte
- Monforte
- Sanidade Pública
A Central Sindical denuncia agresións verbais e ameazas que están a sufrir as traballadoras deste hospital últimamente.
Creemos que a Dirección ten que tomar as medidas adecuadas e dar todo o seu apoio ás traballadoras, que se sinten totalmente desprotexidas.
É obriga da Dirección que o entorno onde se presta a asistencia, sexa un entorno seguro para o persoal.
Instamos á Dirección a asumir as súas responsabilidades, escoitar as demandas do persoal, ver en que condicións se traballa e actuar para mellorar estas condicións.
Por todo elo convocouse unha concentración na entrada principal do hospital o xoves día 5 as 12 horas co lema:
STOP AGRESIÓNS
Últimas novas