CIG-Saúde denuncia as consecuencias da creación da categoría de FEAP

  • AgMédica
  • Atención primaria
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Na mesa sectorial de hoxe, na que se tratou unicamente o cadro de prazas que se ofertarán no Concurso de traslados aberto e permanente, quedou demostrada a folla de ruta do SERGAS dun cambio de modelo na atención primaria pola vía dos feitos sen negociación.

CIG-Saúde denunciamos a reconversión de prazas de médico/a de familia en FEAP sen que previamente se oferten como interinidade a través das listas de selección temporal nin no concurso de traslados, e a amortización de prazas de PAC para transformalas en gardas de FEAP.

O persoal da categoría de medicina de familia que na actualidade ten unha interinidade vai poder permanecer nela ata a súa cobertura con persoal fixo. Pero non se van ofertar novas interinidades desta categoría, polo menos, nos próximos 5 anos.

A través das listas de SELECCIÓN TEMPORAL da categoría de medicina de familia só se ofertarán contratos de curta duración e de substitución nominal, dando as vacantes reconvertidas pola lista de FEAP.

As prazas da categoría de medicina de familia que vaian quedando vacantes serán reconvertidas na nova categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Polo que estas prazas NON se ofertarán ao concurso de traslados para o persoal da categoría de medicina de familia.

As persoas con praza de medicina de familia verán xa recortadas as súas opcións de mobilidade neste ano 2023.

Volver