CIG-Saúde denuncia, diante do Conselleiro de Sanidade, que en plena crise sanitaria a Dirección do SERGAS non aporte ningunha solución

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

A situación da sanidade pública é moi complicada, estamos a vivir un dos peores veráns en canto a falta de profesionais, e o SERGAS limítase a esperar que pase o período beneficiándose da "colaboración" dos/as profesionais.

E ante isto que aporta o SERGAS? NADA

CIG-Saúde tiña solicitado:
Grupo de traballo para falar da profesión enfermeira, abordaxe do déficit de profesionais e da cobertura das ausencias. Non entendemos a denegación sistemática de permisos sen por enriba da mesa ningunha medida para a cobertura destes.
Grupo de traballo de internistas, ante a situación que padece este servizo a CIG-Saúde viña demandando a necesidade deste grupo onde se aborde as condicións de traballo, cadro de persoal…
Comisión de Seguimento do acordo de Urxencias Hospitalarias, para valorar a situación actual dos cadros de persoal e os distintos plans funcionais co reconto de xornada de cada profesional.
Plan de ordenación de RRHH de Atención Primaria do SERGAS. CIG-Saúde non entende que pese a atención primaria estar totalmente desmantelada, que o SERGAS "se permita" non seguir afondando no plan buscando medidas a corto, medio e longo prazo.

Hai suficientes cargos directivos no SERGAS como para que as vacacións destes non impidan seguir traballando!!

Os/as pacientes, hospitais e centros de saúde non están de vacacións!!

Volver