CIG-Saúde denuncia mais recortes, mais imposicións nos PACs

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

A desconvocatoria da folga por parte de SIMEGA (CESM) en novembro de 2025 trae consecuencias moi graves para o persoal sanitario e, especialmente, para quen traballa nos Puntos de Atención Continuada (PACs).

QUE ESTÁ A PASAR?

A Consellería de Sanidade, aproveitando este acordo, avanza na súa folla de ruta:

  • Impón que os sábados pasen a ser considerados atención continuada, integrándoos de facto no funcionamento ordinario dos PAC.
  • Pretende modificar o Decreto 172/1995, incluíndo no horario dos PAC os sábados ata 24 horas, igual que en domingos e festivos.
  • Este cambio será tratado na Mesa Sectorial deste venres 27 de marzo, coa intención de impoñer un cambio inmediato das carteleiras sen negociación real co persoal afectado.

COMO O QUEREN FACER?

  • Publicación do Decreto: o 31 de marzo
  • Entrada en vigor: o 1 de abril (Semana Santa)

QUE SUPÓN ISTO PARA O PERSOAL DOS PAC?

  • Máis xornada en fin de semana.
  • Máis carga de traballo.
  • Sen ningunha compensación económica nin laboral.
  • Empeoramento directo das condicións de traballo a custo cero.

DENUNCIAMOS:

  • A imposición unilateral da Consellería de Sanidade.
  • A falta de negociación previa, obrigatoria en calquera modificación das condicións laborais.
  • O uso de datas estratéxicas para evitar a resposta do persoal.

ESIXIMOS:

  • A retirada inmediata do Decreto mentres non se produza un proceso real de negociación.
  • O respecto ás condicións laborais do persoal dos PAC.
  • Compensacións xustas ante calquera cambio de xornada.

NON IMOS PERMITIR MÁIS RECORTES ENCUBERTOS!

NON Á IMPOSICIÓN! SI Á NEGOCIACIÓN!

Volver