CIG-Saúde denuncia o abandono da atención primaria na zona sur de Lugo

  • Monforte

O distrito de Monforte leva anos sufrindo a amortización de prazas de médicos de Atención primaria, concretamente 8, que proximamente poderían chegar a ser 14.

As prazas perdidas son as seguintes:

  • C.S de Monforte 2 prazas
  • C.S.de Pobra 1 praza
  • C.S. de Sober 1 praza
  • C.S. O Saviñao 1 praza
  • C.S. A Barrela 1 praza
  • C.S de Chantada 1 praza
  • C.S. de Pantón 1 praza

A maiores disto, no C.S de Monforte hai 2 facultativos que están pedindo prórrogade xubiliación , pero é moi posible que o ano que vén, se xubilen tamén.

No PAC de Monforte está previsto que se marchen 2 no concurso de traslados e no de Chantada 1.

Tamén estaremos moi pendentes do C.S de Pantón no que ían suprimir outra praza, pero parece ser que se comprometeu o Sr. Ares a cubrila.

O Sr. Feijoo alardea nos medios de comunicación de potenciación da Atención Primaria. Polo que podemos ver, a súa especialidade é amortizar prazas de médicos/as de familia e desmantelar centros de saúde.

Por todo isto dende CIG-Saúde pedimos que se deixen de amortizar prazas e se cubran todas as prazas de falcultativos/as e demais persoal dos centros de saúde.


Asdo: Vicente Vázquez Vázquez

Delegado de CIG-SAÚDE Monforte

Volver