CIG-SAÚDE denuncia o mal uso que fai o SERGAS do GALEGO nas OPES

  • Sanidade Pública

É frecuente que a versión en galego das distintas OPES non se corresponda coa versión en castelán. Vemos desde castelanismos, ata incluso palabras que non aparecen na RAG e que polo tanto "semellan ser inventadas". Tampouco son correctas as redaccións, o cal impide comprender todas as preguntas e/ou respostas.

É obriga do goberno da Xunta garantir e potenciar a utilización do galego, e con isto o que está a facer é forzar as/os aspirantes a escoller a versión do exame en castelán, xa que é o único xeito de garantir que o seu exame estea cunha redacción e cun vocabulario correcto.

O SERGAS ten a obriga de facilitar aos diferentes tribunais os medios necesarios para que os exames en galego conteñan os mesmos términos e significado que a versión en castelán. Os tribunais teñen a obriga de aceptar todas as impugnacións de preguntas nas que a tradución non fose a correcta; facer o contrario será un desprezo pola nosa lingua.

CIG-SAÚDE esixe ao SERGAS respecto polo noso IDIOMA e compromiso con el, e que deixe de tratalo como un idioma de segunda xa que O GALEGO É A NOSA FALA.

Volver