CIG-SAÚDE denuncia o pacto de selección temporal do SERGAS
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Unha vez rematada a vixencia do actual pacto de selección temporal do SERGAS, CIG-SAÚDE vén de presentar ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, a denuncia correspondente, para iniciar a negociación dun novo pacto de selección temporal.
É necesario mais ca nunca abrir esta mesa de negociación para mellorar todos aqueles aspectos que están lesionando ao persoal inscrito nas listas de contratación.
É imprescindible dispor dunha sistema áxil e transparente que dea seguridade as/os aspirantes.
Outra política de contratación é posible.