CIG-Saúde DENUNCIA o Programa de transición xeracional do persoal Facultativo Especialista de Área (FEA), dirixido ao novo persoal especialista

  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

CIG-Saúde ten presentado, con data 23 de setembro do 2023, recurso contra este programa ao considerar que varias das súas disposicións infrinxen os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público.

O programa consiste na contratación de 60 MIR, que rematan cada ano a súa formación, saltándose as listas de contratación e cun baremo onde un dos apartados é ter feito a formación MIR na mesma área sanitaria onde se contrata.

Na Mesa Sectorial Extraordinaria do 21 de marzo de 2024 o SERGAS informa que van publicar, en maio e en setembro, dúas convocatorias para ofertar este ano os 60 contratos do Programa temporal de transición xeracional, máis catro contratos que quedaron sen cubrir do ano pasado.

Os contratos serán a maiores do cadro de persoal e terán unha duración de 3 anos.

Serán ofertados as persoas que rematan este ano a súa formación MIR no SERGAS, sen respectar o PACTO DE CONTRATACIÓNS.

CIG-Saúde entende que se é necesario contratar persoal a maiores, fora do cadro de persoal, para garantir a cobertura das xubilacións, isto hai que facelo respectando o pacto de selección temporal.

Para CIG-Saúde este programa vulnera o pacto de selección temporal de Facultativos/as especialistas en atención hospitalaria, e esixe que os nomeamentos se oferten polas listas de contratación, abrindo un prazo excepcional para que se anoten os residentes que rematan.

Volver