CIG-Saúde denuncia o retraso na vixiancia da saúde por falta de profesionais

Escrito dirixido á Comisión Central de Seguridade e Saúde

  • Sanidade Pública
  • Saúde laboral

COMITÉ CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE


Bo día.

Estamos a ter coñecemento que dende fai tempo está a haber problemas coa vixiancia da saúde e as valoracións e adecuacións por especial sensibilidade dos profesionais, producíndose importantes retrasos nas mesmas, co conseguinte risco para a saúde dos mesmos.

Nomeadamente na comarca de Lugo, dous médicos do traballo están de baixa laboral, polo que dende fai tempo unha soa facultativa se fai cargo desta vixiancia da saúde e das adaptacións de posto do persoal especialmente sensible. Entendemos que a escasez de especialistas do traballo pode ser un problema pero é obriga da administración a búsqueda de solucións alternativas e de ningún modo pode recaer nos profesionais esta responsabilidade. Nin por suposto poñer en perigo a saúde das/os traballadoras/es.

Neste momento a vixiancia e protección da saúde é máis necesaria e importante que nunca e é obriga da administración a súa procura e o cumprimento estricto da normativa de PRL.

Esperando que á maior brevidade posible adopten medidas para solucionalo.

Un saúdo

 

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

Asdo.: Xoana Zamudio

Volver