CIG-Saúde denuncia o uso fraudulento dos acúmulos de tarefas na área de A Coruña

  • A Coruña

Con motivo da contratación fraudulenta que se está a facer no SERGAS vémonos na obriga de informar de que CIG- Saúde non vai ser a comparsa desta Xerencia.

Estánse vulnerando os acordos comarcais do pacto de contratacións, e estase a producir un innecesario agravio comparativo entre profesionais, só por motivos electoralistas e políticos, que nada ten que ver coa asistencia sanitaria, o estado de alarma, ou calidade da atención á cidadanía.

Este tipo de contratación está aumentando a precariedade que o persoal eventual leva moitos anos arrastrando.

Por todo isto queremos poñer de manifesto que estamos totalmente en desacordo con:

  • A renovación directa dos “acúmulos covid”, xa que non se está a facer por criterio de primeiro de lista, como así temos acordado.
  • Que se “utilice” as/os profesionais con contratos de “acúmulos covid” para a cobertura de vacacións, ausencias; en moitos casos convertíndose en “corre turnos” ou “persoal de pool” encuberto.
  • A desigualdade no cómputo dos “acúmulos de tarefas estruturais” fronte aos novos “acúmulos de tarefas covid” (os primeiros contan e os segundo non contan tempo de acúmulo), perdendo, algúns profesionais que tamén estiveron en “unidades covid”, a posibilidade de traballar con este concepto o resto do ano.

É o momento de que o persoal eventual mostremos o peso que temos no SERGAS, somos absolutamente necesarios/as e non podemos permitir que se nos use como propaganda electoral por intereses do goberno da Xunta.

Asinado
Sección sindical eventual CIG-Saúde Coruña

Volver