CIG-Saúde denuncia que o Ministerio de Sanidade NON pon en valor os coidados na Sanidade Pública
- Sanidade Pública
O Ministerio de Sanidade trae á Mesa do Ámbito de Negociación un documento chamado Marco Estratéxico para os coidados en saúde, onde describe unhas liñas de acción para os vindeiros anos nas categorías de enfermeira/o e TCAE (valóranse ratios, liderazgo, visibilización, investigación, desenvolvemento das especialidades e outras figuras, funcións e competencias….).
O Ministerio quere abordar en “grupos de traballo” constituídos cos axentes sociais que eles consideran, as condicións laborais futuras destes profesionais. Descoñecemos a finalidade, mais é curioso que o documento recolla en varios apartados que non van entrar na cuestión económica.
Entón isto como é? Vaise analizar o ratio de profesionais de enfermaría (enfermeiros/as e TCAEs) so para coñecer os números e que figuren nun papel?
En canto ao desenvolvemento da profesión enfermeira, no documento nomea unha serie de figuras que nin describe nin aborda conxuntamente. CIG-Saúde solicitou xa con anterioridade que se aborde nunha mesa do Ámbito de Negociación as especialidades de enfermaría, o seu desenvolvemento e que se clarifiquen as “figuras” que hai a día de hoxe e cales se pretende consolidar. Hai que negociar e definir cal é a vía de aceso a todas elas. CIG-Saúde defendemos un acceso aberto a todos/as os/as profesionais.
Ao Ministerio parece preocuparlle a xubilación dun alto numero de profesionais de enfermería, pero cales son as medidas a tomar? O documento fala de captar profesionais, pero como facelo sen mellorar as condicións laborais? Fala tamén de “mentorías”, onde as/os profesionais expertas/os compartan o seu coñecemento as/os que acaban de chegar, pero tamén sen compensación.
En canto á investigación, o documento nomea liñas a seguir pero apunta a continuar como ate o de agora, fóra da xornada de traballo e a cargo da vida persoal das/os profesionais.
Señora Ministra, as condicións laborais das/os profesionais abórdanse nas Mesas lexitimadas para iso (Ámbito de Negociación e Mesas Sectoriais), xa que son as que teñen que aprobar esas materias, dilatar en grupos de traballo NON lexitimados é dilatar os problemas, é non abordar as solucións.
CIG-Saúde lamenta o desinterese do Ministerio de Sanidade coa enfermería (enfermeiros/as e TCAEs). Recoñecer nun papel o exceso de traballo, a alta especialización e o valor da profesión non serve para nada se non vai acompañado de medidas económicas.
A enfermaría necesita unha mellora nas condicións laborais e iso depende dunha vontade política que non hai!!
Podes consultar o documento e as alegacións enviadas nos enlaces