CIG-Saúde di non a unha oferta de emprego presa pola taxa de reposición

  • Oposicións
  • Sanidade Pública
  • Taxa de reposición

Na reunión de mesa sectorial celebrada no día de hoxe, 6 de novembro de 2020, o SERGAS presentou o decreto de oferta de emprego do 2020, co seu correspondente anexo de prazas a convocar.

As 973 prazas que se ofertan son dentro da taxa de reposición que segue vixente. Taxa de reposición que é o maior insulto as/os profesionais da sanidade pública, que ano tras ano impide o acceso a un posto de traballo estable.

A taxa de reposición é o recoñecemento que os partidos políticos PP,  PSOE e Podemos fan as/os traballadoras da sanidade pública; precariedade laboral continuada.

  • O PP que aplicou a taxa de reposición durante os anos do goberno Rajoy.
  • O PSOE e PODEMOS que nos anos de oposición manifestábanse en contra dela, e exixian a súa retirada, agora no goberno aplican as mesmas políticas que o PP.

Desde CIG-SAÚDE exiximos a retirada inmediata da taxa de reposición,  e a  publicación dun decreto de oferta de emprego público con todas as prazas vacantes producidas na sanidade pública desde o ano 2010.

Tamén exiximos que o plan de emprego recolla as prazas que levan 12 meses cubertas con contratos eventuais de xeito continuado ou non, nun período de dous anos.

Maniféstate, reivindica o teu dereito a estabilidade laboral.

A precariedade laboral non pode ser a relación laboral  normalizada na sanidade pública

 

Volver