CIG-Saúde esíxelle á Consellería de Sanidade a destitución do xefe de servizo de pneumoloxía do HULA
- Sanidade Pública
CIG-Saúde considera impropias dun servidor público as declaracións do Xefe de Servizo de Pneumoloxía do Hula e exixe á Consellería de Sanidade que inicie os trámites necesarios para a súa destitución como xefe de servizo.
Un profesional que descualifica publicamente ás persoas que traballamos na sanidade pública e que, ademais, ten entre as súas competencias xestionar as nosas condicións de traballo, non pode permanecer un minuto máis desenvolvendo estas funcións.
Os dereitos das traballadoras e traballadores da sanidade pública a ter unhas condicións de traballo dignas son a base da calidade do servizo á cidadanía que estamos chamados a prestar.
Atentar contra as condicións de traballo dignas supón cuestionar unha prestación asistencial de calidade, e a Consellería de Sanidade é a última responsable de garantir esa prestación asistencial de calidade polo que debe cesar de inmediato ao Xefe de Servizo que se descualificou a si mesmo coas súas declaracións.
Novas Relacionadas
Últimas novas