CIG-Saúde esixe a convocatoria urxente da Comisión central de selección temporal

É necesario falar da contratación do persoal do SERGAS

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

O pasado 9 de maio desde CIG-SAÚDE enviamos un escrito á directora de RRHH e ao Conselleiro de Sanidade, no que solicitamos a convocatoria urxente dunha mesa sectorial para falar da contratación do persoal do SERGAS, sen que a día de hoxe teñamos ningunha convocatoria para esta reunión.

O motivo da convocatoria desta mesa é o grave incumprimento que o SERGAS está a facer do pacto de selección temporal, queremos que de inmediato se poña fin a esta situación e se normalice a contratación.

Polo que, desde CIG-SAÚDE exiximos recibir de inmediato a convocatoria da devandita reunión, para que esta se celebre o luns día 25 de maio.

De non recibir a convocatoria desta reunión, iniciaremos as mobilizacións pertinentes.

Volver