
CIG-Saúde esixe a recuperación salarial e a clasificación profesional, para todas as categorías, segundo o artigo 76 do Estatuto Básico da/o Empregado Público.
Orzamentos Xerais do Estado 2020
- Acordos Mesa Sectorial de Sanidade
- Orzamentos
- Sanidade Pública
- Taxa de reposición
Todos os grupos políticos do estado afirman ser os defensores da sanidade pública e das/os súas/seus traballadoras/es, máis ningún ten un proxecto para devolvernos os nosos salarios e os postos de traballo amortizados desde o ano 2010.
Seguemos a estar sen proposta salarial para recuperar os recortes do ano 2010, sen plano de emprego que anule a taxa de reposición, e sen a reclasificación profesional pendente desde o ano 2007.
Desde CIG-SAÚDE, un ano máis, cando haxa “novo goberno” e “ministra/o das Administracións Públicas”, imos presentar na mesa xeral de empregadas/os públicos do estado as seguintes propostas:
Eliminación da taxa de reposición: |
|||
O goberno do estado ten que por fin aos límites nas ofertas de emprego público. |
|||
Recuperación, para todos os colectivos, do 5% recortado no ano 2010. |
|||
Recuperación do 100% do soldo base e dos trienios nas pagas extras: |
|||
A1. Ten que recuperar o 46.3% |
A2. ten que recuperar o 32.8% |
C1. Ten que recuperar o 17% |
C2 .Ten que recuperar o 1.3% |
Clasificación profesional e pago das retribucións correspondentes. (Pendente desde o ano 2007) |
Estatuto Básico da/o Empregada/o Público: Artigo 76. Grupos de Clasificación profesional |
|||
Clasificación profesional |
Retribución que corresponde |
||
Grupo A. |
Dividido en dous Subgrupos: A1 e A2 |
Adaptar o soldo base e os trienios á nova clasificación. Negociación do resto de complementos. |
|
Grupo B. |
Técnico Superior de Formación Profesional |
Soldo base: 889.68 € |
Trienios: 32.41 € |
Grupo C1. |
TCAES. Técnicos F.P. Grao Medio. |
Soldo base: 764.19 € |
Trienios: 27.95 € |
Grupo C2. |
Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Agrupacións Profesionais. |
Soldo base: 636.01 € |
Trienios : 19.02 € |
A estas cantidades seranlle de aplicación os incrementos salariais que se produzan no ano 2020. |
CIG-SAÚDE vai esixir que todas as categorías de persoal do SERGAS se inclúan na clasificación profesional do Artg. 76 do EBEP.
Non podemos ter grupos profesionais fora desta clasificación.
Novas Relacionadas
Últimas novas