CIG-Saúde esixe a retirada inmediata de luvas defectuosas

  • A Coruña

A/A PRESIDENTE DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE A ÁREA SANITARIA DE A CORUÑA-CEE

A/A XERENTE DE A ÁREA SANITARIA DE A CORUÑA-CEE

 

Bo día,

 

Dirixímonos a vostedes como máximos responsables na protección da saúde dos/as traballadores/as do CHUAC, para denunciar un feito que está a comprometer a saúde dos/as mesmos/as.

 

Distribuíronse unhas luvas ás diferentes unidades do CHUAC, incluídas "unidades covid-19", que están a ser utilizadas polos/as profesionais, e que rompen con moita facilidade e mesmo algunhas xa veñen rotas na embalaxe; como poden comprobar nos documentos gráficos que se xuntan.

Con estas luvas vese comprometida a seguridade dos/as profesionais que están a traballar, expoñéndoos a riscos biolóxicos superiores aos que de por si xa están expostos/as a cotío.

Polo cal esiximos a INMEDIATA RETIRADA das luvas citadas (ver foto da caixa) e as dotacións de luvas axeitadas para todos/as os/as profesionais do CHUAC.

 

Lucía Peón Soutiño

Secretaria Comarcal Cig-saúde Coruña

Volver