CIG-Saúde esixe o uso de máscaras FFP2 para todo o persoal

  • Lugo

Dende a Sección Sindical de CIG-Saúde, ante a situación epidemiolóxica do SARS-Cov-2, e a repercusión que ten no distrito sanitario de Lugo,

EXPOÑEMOS:

1. O persoal de atención directa ao doente, tanto en plantas ou servizos que en principio son ´Non COVID”, facilítanlles para a súa protección un EPI consistente nunha mascarilla cirúrxica, para todo o seu turno de traballo (7 ou 10 horas).

2. No Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral do novo coronavirus (SARS-CoV2), versión 8,9 setembro de 2020. No seu anexo I, indica que o persoal menos exposto, usará mascarílla cirúrxica e recoméndase non utilizar durante máis de catro horas.

3. Nestos últimos días, no HULA,xurdiron varios gromos de SARS-CoV2. en servizos “Non COVID”, como por exemplo: Trauma, interna, urxencias, farmacia, retén de celadores.. etc..

4. A día de hoxe podemos decir que os casos non sospeitosos, acaban sendo positivos en SARS-CoV2, polo tanto, de seguir facilitando ao persoal de atención directa ao doente unha sencilla mascarilla cirúrxica, e non unha FFP2, estaríase poñendo en risco a saude do propio persoal e tamén dos doentes.

5. Temos falado coa Dirección e co servizo de preventiva sobre estos temas, a resposta que obtemos sempre foi que se remiten ao protocolo, protocolo que consideramos está desactualizado no tempo, é decir, a situación epidemiolóxia avanza máis rápido que a concreción administrativa do protocolo.

No exercicio das tarefas sanitarias é imposible manter a distancia de seguridade de 2 metros na atención aos doentes, por tal motivo, e dado a casuística do HULA, e a situación epidemiolóxica do distrito sanitario de Lugo, SOLICITAMOS:

- Para todo o persoal con atención directa ao doente: Que se dote de mascarilla FFP2, independentemente de que a patoloxía do doente, sexa sospeitosa ou non de SARS-CoV2.

- Para todo o persoal sen atención directa ao doente: Mascarilla cirúrxica cada 4 horas.

Esperamos sexa atendida esta solicitude a maior brevidade posible, e non se cometa o mesmo erro que se cometeu ao inicio da pandemia, donde se lles decía ao persoal por parte da Dirección que as mascarillas non eran necesarias e que alarmaban.


Lugo, a 14 de setembro de 2020.


Sección Sindical CIG-Saúde.

Volver