CIG-Saúde exixe a retirada inmediata do indicador da IT dos ADX
Dar baixas ou altas é unha prescrición facultativa
- AgMédica
- Sanidade Pública
Na campaña de criminalización das persoas que están de baixa, a Consellería de Sanidade da un paso máis incorporando, nos chamados Acordos de Xestión (ADX), un indicador que penaliza ás profesionais que teñan a persoas de baixa máis tempo do que consideran “períodos estándar”.
“Incapacidade temporal. Cumprir os tempos estándar para os procesos que cursen alta no período xaneiro-decembro 2026”
O incumprimento deste indicador supón que o profesional deixa de cobrar un 10% do complemento retributivo de produtividade variable (CPV) e a maiores pode ver retrasado o seu avance na Carreira Profesional.
Tanto a indicación do inicio da Incapacidade Temporal (IT) como a súa finalización (alta) son decisións profesionais que teñen que estar soportadas en criterios clínicos e nas necesidades asistenciais dos pacientes. A súa duración non depende do profesional que indica a baixa, depende, entre outras, das características do paciente, da súa patoloxía e da eficiencia do sistema sanitario (por exemplo as listas de agarda).
CIG-Saúde rexeita que a indicación dunha alta poida ter efectos retributivos para as profesionais. Isto rompe a confianza na relación entre pacientes e profesionais e atenta contra uns mínimos criterios éticos.
Novas Relacionadas
Últimas novas