CIG-Saúde Ferrol denuncia a mala labor de rastreo ante a situación da pandemia
- Ferrol
Ante o desbordamento da pandemia, cun aumento considerable de casos na nosa área, e ca escasa ou nula información que temos de como se está a facer o rastrexo. Non debemos esquecer a importancia da labor do rastrexo cara a saúde comunitaria e o control da expansión do virus. Por todo isto solicitamos que se nos informe de xeito claro e conciso dos medios cos que contamos para facer esta labor e quen a está a facer.
Pedimos cifras claras non como as de Feijoo; un día 20, sube a 50 en dúas semanas, e nun mes fala de 6000, ao seguinte, se o Goberno Estatal nos dá rastreadores os pediremos... Feijóo nos está lembrando a Rajoy nas súas divagacións “los españoles son muy españoles y mucho españoles”. Pois señor Feijóo nos di: rastreadores, non teño esa categoría pero teño uns 6000.
Pois sexamos concisos, quen e con que medios está a facer o rastrexo?