CIG-Saúde gaña no Tribunal Supremo ao SERGAS unha sentenza na que se recoñecen como servizos prestados os períodos de vacacións cotizadas e non desfrutadas
- Sanidade Pública
O Tribunal Supremo vén de confirmar o recoñecemento a efectos de servizos prestados as vacacións non desfrutadas que o SERGAS sistematicamente liquida ao persoal temporal, negándolle o dereito ao desfrute das mesmas.
Pois agora a xustiza danos a razón!
O persoal temporal ten dereito a que as vacacións xeradas por cada contrato computen como servizos prestados nas listas de contratación, nas oposicións, nos trienios e na Carreira Profesional.
CIG-Saúde esíxelle ao SERGAS que faga efectiva esta sentenza!
Así mesmo, desde CIG-Saúde seguiremos defendendo que o persoal temporal ten que ter dereito ao desfrute das vacacións e a liquidación económica debe ser puntual!