CIG-Saúde gaña unha sentenza que recoñece o dereito do persoal residente (MIR, EIR…) a percibir o mesmo salario base que o persoal estatutario coa mesma titulación

  • Sanidade Pública

O decreto que regula ao persoal residente en formación establece que este persoal cobrará de salario base
o equivalente ao soldo base do persoal estatutario co mesmo título universitario, sen embargo o SERGAS non recoñece esta retribución.

Durante a crise houbo un recorte a todxs xs profesionais do SERGAS dun 5%. No caso do salario base foi recuperado en tódalas categorías excepto no persoal residente que NUNCA recuperou este recorte.

Ante isto CIG-Saúde presentou no Tribunal Superior de Xustiza, na sala do Social, unha demanda colectiva e o xuíz danos a razón!

Esta demanda recoñece ademais o dereito a reclamar esta diferenza de contías desde o 22 de abril de 2022.

Polo que, instamos ao persoal residente actual ou que estaba formándose nestes anos a que inicie a reclamación destes atrasos!

Para máis información, diríxete aos/ás delegados/as de CIG-Saúde da túa área!

Volver